Despois de dous días sen ter noticias debido ás intensas xornadas que están a pasar todos os integrantes do intercambio e aos problemas con internet chéganos a crónica da viaxe que fixeron a Suecia acompañada con algunhas instantáneas para que vexades que todos están ben e a punto de retornar. Aquí vos deixo o enlace da páxina do Instituto en Hjorring.
Dinamarca-Suecia
O sábado saímos as 5:45 da mañá dende Hjorring...
30.9.12
28.9.12
10:05
Alfonso Fernández
e-Book
Comenta

As novas tecnoloxías na biblioteca
Este ano poñemos a túa disposición dous lectores de e-books que poderás solicitar na biblioteca por un período máximo de 15 dias. Estes lectores son de tinta electrónica, a última tecnoloxía que permite ler sen danar a vista.Para saber como tes que facer para pedilo en préstamo non...
27.9.12
Cuarto día en Hjorring
A continuación podedes ler a crónica do cuarto día en Hjorring que nos chegou recentemente dende Dinamarca.
Hoxe tocou dia de clase no Hjorring Gymnasium. As 8:05 comezar os alumnos coa clase de Música co profesor Soren nunha das aulas de música do centro.Os nosos atrevéronse cunha canción nun dialecto danés que cantaron moi ben como se pode apreciar no vídeo.
As seguintes clases foron de Relixión cun profesor...
26.9.12
Mércores,26 de setembro
Hoxe comezou o dia a hora de sempre para ir ao Gymnasium desde onde
partimos, as 8:30 h , cara o norte da Dinamarca. A paisaxe foi cambiando
segundo nos achegabamos ao mar.Xa non hai arbores senón area cuberta de
vexetación baixiña.Vense coma pequenas dunas polo movemento da area co
vento. A area tapou a igrexa de Den Tilsandede ...
25.9.12
Xa podedes seguir os acontecementos de hoxe no diario que nos enviou dende Dinamarca Mª C. Pérez.
Amencemos en Hjorring. Ás oito todos estabamos no Instituto e comezamos dividindo os nosos alumnos en tres grupos para asistir a clases de español.despois tiveron dúas intensas horas de baile.Aprenderon o baile da festa fin de curso cos alumnos de intercambio...
Aínda que un pouco retrousadas chegáronnos algunhas instantáneas da recepción que tivo o alumnado do noso centro en Hjørring, o 24 de setembro ás 7:45 da noite, así como un pequeno comentario da xornada.
No instituto recibiunos a Directora e varios profesores e os alumnos que recibían aos nosos moi agarimosamente.Ceamos xuntos a comida que...
24.9.12
23.9.12
Chéganos dende Copenhague a crónica do primeiro día en terras danesas. Como podedes ver todos están ben, aínda que con un chisco de frío. Lembrade que tamén nos podedes seguir por facebook e por twitter.
O grupo de alumnos e profesores do instituto chegamos a Copenhague ás 11:30 horas do domingo 23 de setembro.Estamos moi cansos despois de tantas horas...
21.9.12

Este sábado 22 de setembro parten cara Dinamarca un grupo de 24 alumnos e tres profesores para facer un intercambio co centro de ensino dese país: Hjørring Gymnasium. Esta viaxe está enmarcada nun proxecto de coñecemento doutras culturas e como devolución da visita que fixeron durante o curso pasado alumnos/as daneses ao noso instituto.
Seguide o día a día dos nosos alumnos...
20.9.12

Queremos comezar o novo curso con un pouco de Humor galego e para iso presentámosvos este libro que foi doado pola Deputación de Ourense.
Veña Carrabouxo é o título do máis recente libro que ten este
popular personaxe coma protagonista. A obra, publicada pola Deputación
de Ourense, recolle unha escolma de cadriños publicados entre 2001 e
2007 no xornal...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)