Os libros non só viven nas bibliotecas como a de Ushuaia (Arxentina) ou Trömso (Noruega) que vos amosamos en entradas anteriores, tamén viven nas librerías , por exemplo nesta tan próxima a nós,no veciño Portugal; a Livraria Lello . Está situada no centro histórico da cidade de Porto nun edificio representativo do neogótico portugués. Foi fundada no 1869 e , hoxe, resultaravos familiar porque J.K.Rowling , que viviu moitos anos en Porto, probablemente se baseara nela para crear a librería das novelas de Harry Potter. Ao entrar vemos andeis de xiz que imitan madeira labrada e, no medio do local, unha impresionante escaleira central que serpentea e se bifurca para subir á segunda planta. No teito unha vidrieira en tons azuis enche de luz a librería. É un fermoso lugar no que podes pasar unha tarde sabendo que estás nun espazo emblemático. Se vas a Porto é unha visita obrigada, iso si, tras facer a cola correspondente e mercar a entrada.
A biblioteca máis austral do mundo
Se hai uns días falabamos da biblioteca pública máis ao norte do mundo, hoxe traémosvos a que está máis ao sur. Na capital da Terra de Fogo arxentina, en Ushuaia , atópase a Biblioteca Popular Sarmiento f…Read More
A Librería Lello ( Porto)
Os libros non só viven nas bibliotecas como a de Ushuaia (Arxentina) ou Trömso (Noruega) que vos amosamos en entradas anteriores, tamén viven nas librerías , por exemplo nesta tan próxima a nós,no veciño Portugal; a Livraria…Read More
A biblioteca máis ao norte do mundo
Iniciamos unha sección de bibliotecas e librerías que visitamos polo mundo adiante. Algunhas persoas, amantes das bibliotecas, cando viaxamos tamén as incluímos nas nosas visitas para coñecelas, admiralas, comparala…Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario