No recuncho da biblioteca temos neste Mes das Letras Galegas os libros de María Victoria Moreno que se atopan entre os nosos fondos e ,dende a biblioteca, quixemos unirnos á celebración das Letras Galegas con diversas actividades dirixidas á promoción, uso e defensa da nosa lingua.
O luns, alumnado de música de 1º de bacharelato e membros do Club de lectura acudiron a Celanova para, pola mañá, visitar o Mosteiro de San Rosendo, o templo de San Miguel, a Casa dos Poetas , asistir a un concerto didáctico de órgano e participar na interpretación dalgunhas pezas musicais. Xa pola tarde, o alumnado do Club de Lectura mantivo un encontro cos membros do Club de Lectura de Celanova na biblioteca do mosteiro e o alumnado de bacharelato representou, para alumnos daquel instituto , unha adaptación da obra de Vázquez Pintor: Nos espazos do soño con música orixinal de Gaël e Tomás Camacho.
O martes,no Lama das Quendas houbo encontros co autor Tomás González Aloha quen se reuniu co alumnado de 1º e 2º de E.S.O. en dúas sesións matinais e co profesorado e pais/nais pola tarde na biblioteca do centro onde nos enteramos de que fora alumno benquerido de Mª victoria Moreno, a poeta homenaxeada no día das letras, que foi determinante no seu gusto pola escrita.
Unha semana de festexo e celebración das Letras Galegas que non pode quedar como anécdota porque a defensa dunha lingua faise día a día usándoa.
Labandeira
A lavandeira, ese paxariño que anda a mover o seu rabo coma ondeando unha bandeira, é o tema deste poema de Manuel María que hoxe nos achega Xoán.
…Read More
Pandeirada do Amandi
O profesorado do CEIP Monte Baliño de Pantón, acompañados por Clara na pandeireta, ofrécenos esta versión musicada do poema Pandeirada do Amandi do libro Cancioneiro de Monforte de Lemos.
…Read More
O muiño
Daniel recítanos este poema incluido no libro Os soños na gaiola e que comeza con: "O muiño roula , roula..."
…Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario