Se
cres que o uso, ben ou mal feito, da tecnoloxía pode cambiar ás
persoas, e se che gusta a ciencia ficción, esta pode ser unha novela
interesante para ti, lector.
A incríbel viaxe de Noa, de Fernándo M. Cimadevila.
Contos estraños editora(2017)
Primeiro título da nova colección ‘10.000 MUTANTES!’
Chámome Noa e ou meu mundo está a morrer. Sei que non é un bonito comezo, pero é a verdade. Os meus pais e mais eu tentamos fuxir na procura dun lugar mellor fóra da Urbe. Sen embargo, os axentes da Corporación deron connosco e agora atópome perdida neste perigoso lugar coñecido como a Rexión Exterior. Na compaña do meu can Martin debo percorrer o longo camiño até unha misteriosa illa coa encomenda de entregar o que talvez sexa o obxecto máis importante do mundo, un legado que me deixaron os meus pais e que podería cambiar o futuro.
0 comentarios:
Publicar un comentario