Unha novela longa de aventuras que gustará aos admiradores da saga A chamada do Brindo
Ed. Xerais.2009
Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere acabar para sempre cos arxinas, e pode que o inimigo estea ao seu carón. O que lle vai ser revelado a Selmo significará o comezo dunha apaixoante novela de acción, misterio e aventuras, na que, arredor do terrible segredo dunha máxica táboa de arxila, o amor e a traizón, a fidelidade e a cobiza enfrontaranse no marco das antigas fragas e devesas das Terras Outas dos arxinas.
0 comentarios:
Publicar un comentario