A primeira novela de Ledicia Costas que comeza cunha cita musical que reflicte a pasión adolescente pola música.
Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun
instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu
mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora
de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a
todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante
días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da
cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre
dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz
atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en
Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o
amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
0 comentarios:
Publicar un comentario