A realidade demostra que a vida é un voo no que debemos elixir entre caer por inercia ou bater as ás.
Loqueleo 2017
Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O
misterio do Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados.
Eunice, a moza pola que suspira o noso protagonista. Fabio, Daniel e
Sara, os seus compañeiros de andainas. Don Santiago, o avó que convive
cos remorsos dunha gran mentira. Todos eles e algúns personaxes máis
conseguen manternos en suspense desde o principio ata o final.
É a historia dunha trama contemporánea na que un neno
individualista que só ten interese polas novas tecnoloxías aprende unha
lección moral e educativa, a partir duns correos que lle envía unha
persoa anónima ao ordenador. O noso protagonista descobre que o
ordenador só é un medio e non un fin e que resulta unha ferramenta
educativa se se fai un uso axeitado del. Xoel é un neno abúlico, que
leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do
ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de
mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade
que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira
progresiva na obra. O protagonista vivirá aventuras incribles cos seus
amigos, que o levarán a descubrir lugares e segredos inesperados, grazas
a unha persoa anónima que parece sabelo todo del.
0 comentarios:
Publicar un comentario