Cincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán nos se poderían contar no limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros de quilómetros ás costas se poderían narrar con xustiza nun feixe de páxinas.
Derradeiro bis en catro-corenta é unha ficción feita con retallos de realidade. Esta novela combina as visións e as vidas de múltiples personaxes involucrados no tecido do ocio estival galego, desde o músico que ollou ao longo de cincuenta anos a auxe e a decadencia das verbenas, até o cantante de moda, que sae á escena acelerado pola cocaína... Ás veces os cadros son crus, ás veces, desacougantes, surrealistas por momentos. Algúns mesmo nos fan sorrir, case sempre amargamente... Todos as personaxes e historias deste crebacabezas son pura ficción, malia que moitas dos que vivimos ás interminábeis noites de verán e os menceres na estrada, rumbo a outro lugar, nos veremos reflectidas, cando menos, nalgún momento...

0 comentarios:
Publicar un comentario