Este volume é a revista literaria, stricto sensu, do Boletín Nós. Ou sexa, o compendio do corpus de textos pertencentes a 88 autores con propiedades literarias e ficcionais, debidamente peneirado e entresacado do conxunto da produción intelectual contida no Boletín Nós.
O que se enfía pois no seu contido é a compilación das achegas máis representativas e suxestivas —ao gusto de Camilo F. Valdehorras— espigadas das súas páxinas elaboradas en dous códigos lingü.sticos primordiais (galego e portugués) e noutros 10 máis, complementarios, e en tres modalidades tipolóxicas: 1) etnotextos anónimos, 2) textos estéticos galegos e portugueses de autor, e 3) traducións directas ao galego de 21 textos artísticos de autores relevantes en dez linguas de Europa occidental (mais unha euro-asiática, Armenia).
Xa que logo, este volume brinda 166 textos estéticos «fundacionais» nun Mostrario que reflicte os estilos artísticos máis representativos das Letras galegas durante os case tres lustros de vida (1920-1935), entre dúas guerras mundiais e entre dúas ditaduras de España, en que o Boletín Nós levou a batuta da orquestra ideolóxica, literaria e científica das Irmandades.

0 comentarios:
Publicar un comentario