Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.
14.11.23
Entradas relacionadas:
Isha, nacida do corazón, Fina CasalderreyIsha está enfadada. O comentario dunha compañeira de clase causoulle un gran malestar. Non dubida do amor que lle profesan os seus pais, pero o feito de ser adoptada...… Read More
Virtudes (e misterios), Xesús FragaContar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pol… Read More
Endrina e o segredo do peregrino, Concha López NarváezDous camiñantes e unha rapaza nova vivirán aventuras durante o Camiño de SantiagoOnde irá aquel romeiro... meu romeiro onde irá...Camiño de Copmpostela, van dous camiñantes. Un é vello e parece moi canso. O outro é mozo, fort… Read More
Non cantan paxaros neste bosque, Carlos NegroO medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogá… Read More
Volverás, golfiño, Andrea MaceirasA familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario