Chega o Nadal e que mellor ocasión para poder gozar da lectura! Dende a biblioteca do IES Lama das Quendas en colaboración cos departamentos de Lengua y Literatura Castellana,Lingua e Literatura Galega e Francés queremos recomendarvos unhas lecturas que agardamos sexan do voso interese.
Tamén queremos desexarvos un BO NADAL, un Nadal de libros e que lembredes que non hai mellor agasallo que un libro.
...
14.12.12

Intocable (2011)
Olivier Nakache, Eric Toledano
François Cluzet, Omar Sy, Anne Le Ny, Audrey Fleurot, Clotilde Mollet, Joséphine de Meaux
Philippe, un aristócrata que se quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal recén saído do cárcere. Aínda que, á primeira vista, non parece a...
12.12.12
17:41
Alfonso Fernández
Ciencia, Guías
Comenta

ROCAS Y MINERALES Manual de Identificación. Chris Pellant
Esta guía visual permite
identificar as diferentes rochas e minerais, mediante descricións,
fotografías a toda cor e táboas. Os minerais pódense identificar,
ademais, mediante probas que se sinalan ao finalizar a descrición de
cada un.
E agora a usala....
11.12.12

Donde esté mi corazón. Jordi Sierra i Fabra. Periscopio (edebé). Literatura xuvenil en castelán.
A vida de Montse cambiou por completo: un feito imprevisible sacudiu os seus alicerces. Estivo ás portas da morte, pero venceu, aínda que o prezo é moi duro. Agora na súa vida hai un antes e un despois. E mentres trata de recuperar o seu sorriso, aparece Sergio, a esperanza....
9.12.12

Muerte en el priorato. Toti Martínez de Lezea . A partir de 12 anos. Alfaguara. Castelán,
Un rapaz ao que suspenderon un par de materias en verán debe ir cos seus tíos en agosto á vila a estudar. Non sospeita o que alí, nesa casa rural aparentemente tranquila, vai encontrar: unha serie de asasinatos difíciles de resolver nos que el e os seus amigos se verán...
5.12.12
4.12.12

El secreto del César. Rocío Rueda. El árbol de la lectura (Oxford). 2012. Literatura xuvenil en castelán.
Fabio é un escravo romano cuxo corazón se encontra dividido entre a súa admiración por César, e o seu odio a Roma. O día que asasinan a César, Fabio vese obrigado a fuxir para salvar a súa vida. O azar une o seu destino ao de Tais, unha nova sacerdotisa de Vesta que...
2.12.12

El puente de los cerezos. Blanca Álvarez. Anaya. A partir de 12 anos. Castelán.
Unha rapaza chinesa namórase dun compañeiro de clase, o seu pai decide recluíla nun pequeno pobo nas montañas, durante un ano, pasado ese tempo se o seu amor polo mozo perdura, permitirá que casen. Durante esa estanza na casa da súa avoa a moza descubrirá non só as tradicións do mundo rural,...
27.11.12

La noche más oscura de Ana Alcolea:A Valeria este ano espéranlle unhas vacacións moi especiais, ou polo menos iso é o que di a súa nai, unha auténtica especialista en buscar lugares orixinais para desconectar da rutina. Un lugar solitario e peculiar no norte de Noruega será o elixido, e alí o presente mesturarase co pasado nos soños de Valeria. Unha historia acontecida durante...
22.11.12
Onte presentouse a campaña que dende a biblioteca se fixo contra da violencia de xénero en televinte. Un problema que segundo ven de informar o observatorio estatal da convivencia escolar estase a manifestar cada vez máis entre a xuventude. Con isto pretendemos darlle a máxima difusión e chegar ao maior número de xente posible...
20.11.12
Este é o segundo spot que gravamos para concienciar á xuventude de que ninguén é propiedade de ninguén e de que se ten que atallar este problema cando se noten os primeiros síntomas.
Se estes pequenos vídeos serven para que alomenos un rapaz ou rapaza se pare a reflexionar sobre a violencia de xénero damos por conseguido o noso obxectivo.
...

El escarabajo de Horus. Rocio Rueda. El árbol de la lectura (Oxford). 2010. Literatura xuvenil en castelán.
Carla e o seu irmán Miguel acábanse de trasladar a París xunto ao seu pai. Miguel rompe accidentalmente un escaravello de cristal do museo Louvre. A continuación, Carla esperta, sen saber como nin por que no antigo Exipto dos faraóns. A protagonista tratará de encontrar...
17.11.12
Co gallo do "Día internacional contra a violencia de xénero" que se conmemora o día 25 de novembro, a biblioteca do IES Lama das Quendas quere sumarse a esta celebración poñendo o seu gran de area coa intención de concienciar sobre este gran problema da nosa sociedade.
Queremos agradecer a todos os alumnos/as a participación na gravación dos dous spots e a colaboración desinteresada da televisión local de Chantada "Televinte".
...
16.11.12

Era por setembro Xabier Quiroga. Xerais (2004)
Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os...
14.11.12
13.11.12

El tiempo entre costuras de María Dueñas Vinuesa: (2009)
Una novela de amor y espionaje en el exotismo colonial de África.
La joven modista Sira Quiroga abandona Madrid en los meses convulsos previos al alzamiento arrastrada por el amor desbocado hacia un hombre a quien apenas conoce. Juntos se instalan en Tánger, una ciudad mundana, exótica y vibrante en la que todo...
12.11.12

«A coroa de Napoleón» de Jaureguizar. Xerais (2010)
Na cidade da Coruña celébrase o bicentenario da batalla de Elviña, e no medio desta celebración acontece algo que podería crear un importante conflito diplomático con Francia: a coroa de Napoleón cedida para os actos desapareceu. Para resolver a situación aparece Tintimán, unha sorte de xornalista-investigador,...
7.11.12
Botou a andar a sección de pais/nais do club de lectura "A quenda do libro" con moi boa acollida, como podedes ver na foto. Esta sección ben a sumarse ás xa iniciadas durante o mes pasado ( dúas de 1º de ESO, unha de 2º de ESO, unha de 3º de ESO, unha de 4º de ESO e outra de profesorado e persoal non docente.) que en total suman máis de un...
5.11.12

La casa de muñecas. Ana Alonso. El árbol de la lectura (Oxford). 2010. Literatura xuvenil en castelán.
A crise obriga a unha familia a ter que pasar as vacacións na casa da avoa, na vila, algo que aos fillos non lles fai ningunha graza. Pero o que parecía que ía ser un verán aburrido convértese, para os dous irmáns, nunha aventura que nunca esquecerán: a avoa baixa do faiado...
29.10.12
25.10.12
24.10.12
22.10.12

La luna en el agua de Cecilia Domínguez Luis (2010) Alfaguara Juvenil
Para Raúl e para Mónica, a vida non é doada aos seus trece anos. A Raúl a chegada do seu pai, ata agora descoñecido, descubriulle un mundo que cría só nas películas. Pero volveu desaparecer da súa vida e bota a culpa á súa nai.Mónica pensa que todos os adultos son uns falsos: despois de sufrir a separación...
17.10.12
16.10.12
Xa de regreso en Chantada despois das xornadas vividas en Hjørring queremos agradecer a rapaces, pais/nais e profesorado do Hjørring Gymnasium a súa agarimosa acollida e o trato dispensado.
Grazas por eses días inesquecibles.
Comunidade educativa do IES Lama das Quendas.
Having arrived at Chantada after the staying we have spent in Hjørring we would like to thank the students, parents and the Gymnasium...
11.10.12

Misión Olvido de María Dueñas Vinuesa. (2012)
Despois de El tiempo entre costuras xa podes ler a última novela de María Dueñas.
"A veces la vida se nos cae a los pies con el peso y el frío de una bola de plomo"
Con este poderoso arranque na voz dunha muller actual, a autora que protagonizou o gran triunfo editorial dos últimos anos faranos transitar por España e California...
8.10.12
4.10.12

El invierno del mundo de Ken Follett: The Century-2 (2012)
Chega o esperado segundo libro da triloxía The century. Viaxa ao apaixonante século XX. Vive o momento que o cambiou todo.Ken Follett continúa a apaixonante historia das cinco familias europeas que nos cativaron con La caída de los gigantes. Nesta ocasión, son os fillos dos protagonistas...
1.10.12
30.9.12
Despois de dous días sen ter noticias debido ás intensas xornadas que están a pasar todos os integrantes do intercambio e aos problemas con internet chéganos a crónica da viaxe que fixeron a Suecia acompañada con algunhas instantáneas para que vexades que todos están ben e a punto de retornar. Aquí vos deixo o enlace da páxina do Instituto en Hjorring.
Dinamarca-Suecia
O sábado saímos as 5:45 da mañá dende Hjorring...
28.9.12
10:05
Alfonso Fernández
e-Book
Comenta

As novas tecnoloxías na biblioteca
Este ano poñemos a túa disposición dous lectores de e-books que poderás solicitar na biblioteca por un período máximo de 15 dias. Estes lectores son de tinta electrónica, a última tecnoloxía que permite ler sen danar a vista.Para saber como tes que facer para pedilo en préstamo non...
27.9.12
Cuarto día en Hjorring
A continuación podedes ler a crónica do cuarto día en Hjorring que nos chegou recentemente dende Dinamarca.
Hoxe tocou dia de clase no Hjorring Gymnasium. As 8:05 comezar os alumnos coa clase de Música co profesor Soren nunha das aulas de música do centro.Os nosos atrevéronse cunha canción nun dialecto danés que cantaron moi ben como se pode apreciar no vídeo.
As seguintes clases foron de Relixión cun profesor...
26.9.12
Mércores,26 de setembro
Hoxe comezou o dia a hora de sempre para ir ao Gymnasium desde onde
partimos, as 8:30 h , cara o norte da Dinamarca. A paisaxe foi cambiando
segundo nos achegabamos ao mar.Xa non hai arbores senón area cuberta de
vexetación baixiña.Vense coma pequenas dunas polo movemento da area co
vento. A area tapou a igrexa de Den Tilsandede ...
25.9.12
Xa podedes seguir os acontecementos de hoxe no diario que nos enviou dende Dinamarca Mª C. Pérez.
Amencemos en Hjorring. Ás oito todos estabamos no Instituto e comezamos dividindo os nosos alumnos en tres grupos para asistir a clases de español.despois tiveron dúas intensas horas de baile.Aprenderon o baile da festa fin de curso cos alumnos de intercambio...
Aínda que un pouco retrousadas chegáronnos algunhas instantáneas da recepción que tivo o alumnado do noso centro en Hjørring, o 24 de setembro ás 7:45 da noite, así como un pequeno comentario da xornada.
No instituto recibiunos a Directora e varios profesores e os alumnos que recibían aos nosos moi agarimosamente.Ceamos xuntos a comida que...
24.9.12
23.9.12
Chéganos dende Copenhague a crónica do primeiro día en terras danesas. Como podedes ver todos están ben, aínda que con un chisco de frío. Lembrade que tamén nos podedes seguir por facebook e por twitter.
O grupo de alumnos e profesores do instituto chegamos a Copenhague ás 11:30 horas do domingo 23 de setembro.Estamos moi cansos despois de tantas horas...
21.9.12

Este sábado 22 de setembro parten cara Dinamarca un grupo de 24 alumnos e tres profesores para facer un intercambio co centro de ensino dese país: Hjørring Gymnasium. Esta viaxe está enmarcada nun proxecto de coñecemento doutras culturas e como devolución da visita que fixeron durante o curso pasado alumnos/as daneses ao noso instituto.
Seguide o día a día dos nosos alumnos...
20.9.12

Queremos comezar o novo curso con un pouco de Humor galego e para iso presentámosvos este libro que foi doado pola Deputación de Ourense.
Veña Carrabouxo é o título do máis recente libro que ten este
popular personaxe coma protagonista. A obra, publicada pola Deputación
de Ourense, recolle unha escolma de cadriños publicados entre 2001 e
2007 no xornal...
24.6.12

Iglesias, B. Galaxia. Miss Ourense
Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos...
22.6.12

Fernández, M. A. Un nicho para Marilyn. Galaxia. 2003. Premio de Novela Manuel García Barros, 2002
Frank Soutelo, detective privado californiano de pais galegos, encárgase de investigar a desaparición do cadáver de Marilyn Monroe, co que está relacionada unha rede de necrofilia de "alto nivel". Miguel Anxo Fernández...
19.6.12

Marcos Calveiro, Centauros do norte. Rodeira. 13 anos en diante.
Rafael tiña dezaseis anos e non era un revolucionario, senón músico. Mais o asasinato do seu pai e o seus desexo de vinganza levarano a cabalgar canda o xeneral Pancho Villa, un vello filósofo, Longinos, e unha moza india, Reina Huarte....
18.6.12

Gómez Cerdá, A. Barro de Medellín. 2008. Ed. Edelvives (Col. Ala Delta). Il. Xan López Domínguez. Premio Ala Delta 2008. Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2009
Para Camilo e Andrés os días transcorren vagabundeando polas rúas do seu barrio de Medellín, o mellor lugar do mundo, no que o enorme edificio da biblioteca...
15.6.12

Cráneo, M. Os lobos de Moeche . Demo editorial. 2009.
Para os amantes da banda deseñada galega e da historia medieval, aquí presentamos "Os Lobos de Moeche", unha maneira de achegarse de xeito entretido, a un episodio da idade media galega, o das revoltas irmandiñas, que serviu de precedente a nivel europeo...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)