Galiza mutante poder nuclear! de Tomás González Ahola. Contos estraños (2012)
Moitas xeracións pasaron desde aquel aciago día en que o Froilán, o Santo Vingador, baixou dos ceos para alagar co lume purificador as cidades pecaminosas da Xente Vella. Agora, a vida retornou á terra fértil que se estende desde os Montes Áncaros até o Mar da Fin do Mundo e a semente dunha nova civilización agroma en Cmph’sthulhu, a Cidade dos Sete Círculos. Mais a sombra dun perigo álzase nas marcas distantes e descoñecidas do nordés, e tamén aniña nos corazóns dos cobizosos que se agochan dentro dos muros da urbe.
O Pastor, Rocho, Holifoz e Costenla, catro mutantes acabados de chegar a Cmph’sthulhu, terán que enfrontarse aos máis estraños perigos na que será a aventura da súa vida, na que se cruzarán cos máis variopintos personaxes, como o capitán Xacho-beu, os Sete Bispos Mutantes e outros moitos enxendros nacidos deste novo e delirante mundo.
7.6.18
Entradas relacionadas:
CONAN 2 CONAN 2 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2010) Continúa a historia mítica de Conan o Bárbaro con catro das máis sonadas historias orixinais de Robert E. Howard.Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, C… Read More
CONAN 3 CONAN 3 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2010) Velaquí o terceiro volume da historia de Conan, guerreiro da fría Cimmeria nacido nun campo de batalla, que marcha da súa terra natal aos reinos civilizados na procura de… Read More
Conan 5 " A hora do dragón Conan 5 " A hora do dragón. de Robert E. Howard. Fantasía-Urco. (2011) Conan terá que percorrer de novo unha boa parte de Hyboria, onde lembrará as diferentes vidas da súa xuventude, para acadar o único obxecto de poder co … Read More
CONAN 4 CONAN 4 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2011) Eis o cuarto volume da mítica historia de Conan de Cimmeria, onde, logo das máis variadas e perigosas aventuras como ladrón, soldado, pirata e un milleiro máis de profesi… Read More
CONAN 1 CONAN 1 de ROBERT E. HOWARD. FANTASÍA - Urco.(2010) Aquí comeza a historia mítica de Conan de Cimmeria, pirata, ladrón, soldado de fortuna e unha infinidade de profesións máis.Levado despois á banda deseñada e máis tarde… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario