Os Abismos da Noite Eterna-O Morador da Fenda de Roberto A. Rodrigues. Contos estraños(2011)
E chegou aquel día aciago no que a terra tremeu. Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle ao noso mundo a funesta ameaza que se agochaba soterrada nas profundidades das Terras de Alén do Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel polo que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis terríbel das criaturas, un ser ao que ninguén ousou pórlle nome, pero que todos coñeceron como o Morador da Fenda.
Todos estes males foron augurados polo mozo Balso, e por eles foi mil veces maldito, azoutado e torturado. Mais alguén coñece o poder do neno e envía un grupo de guerreiros na súa procura. Eles falaranlle dos Homes Sen Tempo, do Saber Antigo e do Reino de Asgra, onde as lendas contan que se atopan as Portas de Rogueldor. Xuntos emprenderán unha viaxe en busca de respostas.
0 comentarios:
Publicar un comentario