A vida de Ella Amanda Milana é a típica dunha mestra substituta nunha pequena vila de Finlandia: corrixir redaccións, enviar relatos á sección de literatura do xornal e ver como a enfermidade do seu pai o vai transformando nunha criatura estraña e afastada. Mais todo dá un xiro cando Laura das Neves, veciña de Lombodalebre e autora de libros infantís de sona mundial, a selecciona como décima integrante da Sociedade Literaria de Lombodalebre, onde Ella se poderá formar como escritora, o que lle ha asegurar un futuro brillante nas letras finlandesas e mesmo internacionais. Porén, logo dun duro revés da sorte, o camiño da protagonista se verá guiado cara aos secretos máis ocultos da misteriosa Sociedade e dos seus outros nove integrantes. Pasi Ilmari Jääskeläinen tece nesta novela, con puntadas finas e maxistrais, as distintas historias de cada unha das grandes e desgraciadas figuras literarias da vila de Lombodalebre, relatadas a través dun xogo tan cruel como efectivo, que elas mesmas empregan para conseguir material co que alimentar as súas novelas. Os ecos dun pasado esquecido á mantenta, o carácter complexo e por veces monstruoso da mentora, a estraña enfermidade que contaxia os libros da biblioteca e transforma as súas historias, as vidas en ruínas dos protagonistas… todos os elementos, reais e fantásticos, envólvense os uns sobre os outros en espirais cada vez máis complexas, até o punto de que é imposíbel distinguir o real do soñado.Jääskeläinen, xa premiado múltiples veces antes desta novela, acada aquí unha altura narrativa que, con razón, levaron a boa parte da crítica a comparar o seu particular realismo máxico co de Gabriel García Márquez.
21.1.20
Entradas relacionadas:
A viaxe de Burhan. Éxodo, Xoán C. RiobóSiria está en guerra. Burhan, un rapaz soñador, quere marchar do seu pobo para atopar ese lugar utópico de liberdade. Despídese da súa amiga Hilâl que, aferrada ao lugar que a viu medrar, non quere marchar. Os camiños convért… Read More
Hasta mañana, Gerd FuchsMax se ha escapado de casa al enterarse de que su padre va a casarse de nuevo. Cuando está en el parque, se le acerca una chica. Es Fuffy. Después de pasar un rato juntos jugando y compartiendo comida, se citan con un sencill… Read More
Cincuenta mil pelas por un bigote, M. Àngels BogunyàLas cosas no siempre son lo que parecen, y en un barrio donde todo el mundo se conoce puede haber negocios nada claros, juegos sucios, realidades duras y gente divertida que logra sobrevivir trampeando todo eso con imaginació… Read More
Cipi, Mario LodiCipi es un pequeño gorrión que está ansioso por abandonar el nido, pues quiere conocer el mundo que lo rodea. Afortunadamente, su enorme curiosidad y su espíritu inquieto le harán comprender que lo importante en la vida es 's… Read More
Comedia de la olla. Anfitrión, PlautoEuclión, un viejo avaro, encuentra una olla llena de dinero y vive en el constante terror de que le sea robada. De hecho es descubierta y robada por el esclavo de Licónide, joven enamorado de la hija del viejo; pero la muchac… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario