Neste conxunto de ensaios mordaces e oportunos sobre a persistente desigualdade entre mulleres e homes e a violencia baseada no xénero, Solnit cita a súa experiencia persoal e outros exemplos reais de como os homes mostran unha autoridade que non gañaron, mentres que as mulleres foron educadas para aceptar esa realidade sen cuestionala. A autora narra a experiencia que viviu durante unha cea na que un descoñecido se puxo a falarlle acerca dun libro incrible que lera, ignorando o feito de que ela mesma o escribira, a pesar de que llo fixeron saber ao principio da conversación.
Ao final resultou que nin sequera lera o libro, senón unha recensión de The New York Times. Os restantes capítulos tratan temas como unha análise da grande escritora feminista Virginia Woolf, o tópico da dúbida e da ambigüidade, unha investigación moi orixinal sobre a igualdade no matrimonio e unha enquisa aterradora sobre o alcance da violencia contemporánea contra a muller.
9.1.20
Entradas relacionadas:
Unidade didáctica para ESO sobre a obra Feminismos / Unidade didáctica para Bacharelato sobre a obra Feminismos, Montse Pena PresasA Secretaría Xeral da Igualdade acaba de editar dúas unidades didácticas para traballar coa obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras", de Anna R. Figueiredo.As unidades didácticas, elaboradas para ESO e Bacharelato,… Read More
Mulleres e poder, Mary BeardCon irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea… Read More
Máis aló do azul e do rosa (Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia), Ana Torres Jack Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres, queda aínda moito camiño por andar. E boa parte desa andaina ten que facerse dende o ámbito doméstico, dende as casas, dende a ac… Read More
Feminismo para principiantes, Nuria Varela¿Quiénes eran las sufragistas? ¿De dónde sale el feminismo radical? ¿Por qué se habla de marxismo y feminismo como de un matrimonio mal avenido? ¿Por qué el feminismo ha sido vilipendiado y ridiculizado? ¿Por qué las feminist… Read More
Historia de las mujeres filósofas, Gilles MénageEscrito por Gilles Ménage en 1690, gran latinista y preceptor de Madame de Sévigné y Madame de La Fayette, Historia de las mujeres filósofas es un libro sin precedentes sobre las pensadoras de la Antigüedad. Similar a una enc… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario