"En galego sen perdón...", exposición feita polo profesor de Lingua Galega e Literatura Xosé Carlos García Freire no remate da universidade... e tristemente aínda de plena actualidade. Nas súas propias verbas:
"Nada mudou ou vamos para atrás? Estas caricaturas reflecten, utilizando o sentido do humor dos 30 debuxos e textos, a situación da lingua propia de Galiza: prexuízos, a diglosia, o mito do bilingüismo como disfraz para impor o castelán, o racismo lingüístico e unha última reflexión final: POR QUE O ENSINO CASTELLANIZA AOS ALUNOS GALEGOS?
Moitos entran nas aulas falando galego e saen abandonándoo ou tendo claro cal é a lingua B. O sentido do humor, como dicía Castelao, reflicte dor mais tamén un sorriso, unha reflexión sobre a sociedade galega e dos que fumos o 1º Reino independente de Europa trala caída do imperio romano. Somos galegos, orgullosos da nosa fala!!!"

0 comentarios:
Publicar un comentario