Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballos para afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean.
0 comentarios:
Publicar un comentario