O pasado venres 25 de febreiro (venres de Entroido!) tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2022)" na Biblioteca.
No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Vanessa González Jorge (1º premio), Paula Martínez Reguera (2º premio) e Carla Eiriz Mosteiro e Azad Manuel Mirabedini Álvarez (accésits). Parabéns!!!
E mil grazas a todas as demais persoas participantes!
Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza, Urco Editora e a Cafetaría do centro.
Colaboraron Edicións Fervenza, Urco Editora e a Cafetaría do centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario