Historias
contadas cunha forza e unha prosa arrebatadora e vigorosa que
nos leva de Vilanova de Alba á
pousada do Pasamundos, do Vigo da posguerra ata a Venezuela dos anos
oitenta, onde se recompón a historia e onde se cruzan os destinos.
Editorial Galaxia . 2011
O mundo de Vilanova de Alba, espello e metáfora dun tempo non tan
distante, volve á literatura de Freixanes coa intensidade das lembranzas
que nos sobreviven.
Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida.

0 comentarios:
Publicar un comentario