En opinión do xurado ,que escolleo entre máis de trinta traballos presentados, as mellores composicións foron as cartas de Beatriz Rodríguez Carnero, María Enríquez Díaz e Gabriela Areán Fernández que poderedes ler na revista do Equipo de Dinamización Lingüística cando se publique.
O 1º Premio conseguido por Beatriz Rodríguez Carnero consistiu nunha bolsa, axenda, libro, marcapáxinas e taza con foto.
O 2º foi para María Enríquez Díaz que recibiu unha bolsa, axenda, libro, marcapáxinas e vale por unha consumición de bebida e bocadillo para dúas persoas na Cafetería do centro.
O 3º premio outorgóuselle a Gabriela Areán Fernández que foi agasallada cunha bolsa, axenda, libro e marcapáxinas.
No acto, no que as premiadas contaron co apoio e presenza de moitos compañeiros/as , estivo presente o Director do centro que fixo entrega dos regalos acompañado do coordinador do Equipo de Normalización Lingüística e a coordinadora da Biblioteca
Agradecemos a participación de todas as persoas , animámolas a que colaboren nas diferentes actividades/ concursos que se programan e dámoslles o nosos parabéns ás premiadas!!
Seguide escibindo!!
Seguide escibindo!!
0 comentarios:
Publicar un comentario