Libro que acadou os seguintes premios: Premio Gala do Libro Galego (Divulgación), 2018 - Premio Gala do Libro
Galego (Iniciativa Bibliográfica), 2018 - Mención hororífica do XXIX
Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.
Editorial Xerais 2017
Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación
científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra
no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas
etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a
natureza lles vai amosando aos viaxeiros: illas volcánicas en plena
formación, desertos aos que non se lles albisca a fin, termiteiros
xigantes, glaciares de cor azul que roxen coma monstros, raposos
voadores e quilómetros, moitos quilómetros de percorrido polo mar, o
aire e os revirados camiños dun planeta observado cos ollos atentos e
cheos de curiosidade de Xurxo Mariño. Como indica o escritor Xavier
Queipo no limiar, «cada capítulo, cada etapa, cada anécdota é unha porta
aberta aos sentidos e ao coñecemento, unha incitación á observación da
natureza e, en particular, á natureza humana coma se se tratase dunha
introdución á historia natural e de etnografía comparada».
0 comentarios:
Publicar un comentario