1. Terramar é un inmenso arquipélago no medio dun océano sen limites definidos. Na illa de Gont vive Gabián, un neno posuidor dunhas habilidades máxicas que lle levan a irse formar como feiticeiro na escola de Roke, onde se forman todos os magos. No entanto, a súa prendizaxe verase freada pola aparición accidental dunha misteriosa sombra que quere apoderarse do seu ser.
2. Tenar, a quen agora chaman Arha, é a reencarnación da Sacerdotisa única. Foi elevada a Atuan cando aínda era unha nena porque está destinada a se converter na gardiá das tumbas dos Sen Nome. Alí, o único que lle agarda é vivir confinada até que á súa morte se volva iniciar o ciclo da reencarnación da Sacerdotisa única.
0 comentarios:
Publicar un comentario