Un interesante e breve
relato que Antonio Fraguas recolleu das
historias contadas por Dona Antonia Pérez Estraviz, veciña de Mondariz e que
foi coma unha nai para o
escritor de Cotobade. Antonio
Fraguas,
investigador do patrimonio inmaterial
espiritual, outrora chamado folclore e etnógrafo de ideoloxía galeguista, homenaxeado este ano
pola RAG,
entre outros méritos por reivindicar “a memoria, a
cultura e a lingua do pobo galego”
destacou principalmente por poñer en valor a
cultura espiritual campesiña. As
festas e romarías
populares, as cantigas, as crenzas e os
costumes aparecen nos seus
ensaios, recollendo en moitos dos seus
escritos a esencia do mundo
campesiño.
0 comentarios:
Publicar un comentario