Eva Amazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle, tradución ao galego; José María Valverde, tradución ao castelán.
Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un único día, o 16 de xuño de 1904, na cidade de Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas.
A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que Ulises marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea. Unha obra fundamental na historia da literatura.
0 comentarios:
Publicar un comentario