Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI? Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal? Intensa, sorprendente, máxica, adictiva... Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores."Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón."
4.2.20
Entradas relacionadas:
Non é de Taramundi, Luís Manuel García MañáOs anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica.España remata o “racionamento” e consegue entrar na ONU. A existencia do ferrocarril de vía estreita de Vila… Read More
Anne, a de Tellas Verdes, Lucy Maud MontgomeryMatthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea na Illa do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa, Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro, unha nena roiba e pen… Read More
Morgana en Esmelle, Begoña CaamañoUnha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos qu… Read More
A saga das curandeiras, Marisa Castro CercedaA través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu … Read More
Río sen ponte, Ilse LosaJutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrer… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario