Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de «Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de luz», unha novela sorprendente e divertida.
7.2.22
Entradas relacionadas:
Ghuasá, Fernando González GrañaCrítica cara os hábitos dos máis xóvenes que se abstraen da realidade interaccionando a través do "ghuasá" (Whatsapp) deixando a un lado as relacións naturais con compañeiros, familia, amigos...… Read More
Acariñando os desexos, Xoán C. RiobóEli ten a primeira menstruación. Consciente do seu corpo, xa non quere ser unha nena. A nai envíaa a coidar da avoa, e polo camiño atópase con Mar, a súa mellor amiga. Eli vibra de vida. Experimenta sensacións que antes non p… Read More
Dinero manchado de sangre, Simone van der VlugtCorre el año 1653. Tras pasar dos años recluido en un reformatorio, Reinout obtiene la oportunidad de embarcarse en una nave de la Compañía holandesa de las Indias Orientales. Mientras tanto, la huérfana Lutske vagabundea por… Read More
Typhoon!, Helen JacobsThomas Chan woke up early. He looked out of the window. It was sunny! He thought, “It’s not raining. I can go outside and play”.But the day will bring a perhaps not so pleasant surprise...… Read More
Morreu o demo, acabouse a pesetaCon esta frase remataban os espectáculos do último títere tradicional galego. O seu nome, Barriga Verde, resoa aínda na memoria de moitas persoas, mais o boneco e as formas daquel espectáculo corren o risco de caer no esquece… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario