Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?
7.2.22
Entradas relacionadas:
Ninguén nace antetempo…, David Vázquez ÁlvarezO rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da pr… Read More
A dúbida, María ReimóndezUnha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conf… Read More
Os libros de Terramar (volumes 1, 2 e 3), Ursula K. Le Guin 1. Terramar é un inmenso arquipélago no medio dun océano sen limites definidos. Na illa de Gont vive Gabián, un neno posuidor dunhas habilidades máxicas que lle levan a irse formar como feiticeiro na escola de Roke, onde se… Read More
O mundo secreto de Basilius Hoffman (volumes 1, 2 e 3), Fernando M. Cimadevila 1. Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de… Read More
Améndoas e flores silvestres, David Vázquez ÁlvarezAvanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do ferreiro, un … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario