A publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era cousa de homes. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, resistindo heroicamente desde aquela a todos os intentos de afastalas da súa práctica. En Historia do fútbol feminino en Galicia repásase todo ese traxecto de resiliencia e sororidade, con especial énfase na súa historia en Galicia, desde os tempos da pioneira, Irene González, ata a actualidade, en que a xeración de ouro das Vero Boquete, Mari Paz Vilas e compañía comeza a deixar paso a unha nova fornada de talentos, narrado cun estilo ameno, pero rigoroso, que se combina con entrevistas ás protagonistas e outras colaboracións de primeiro nivel.
4.12.24
Entradas relacionadas:
Vero Boquete no IES Lama das QuendasA futbolista internacional Vero Boquete estivo este mércores no salón de actos do instituto para falar de igualdade. Este acto foi promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e pola de Deportes. Vero falou das dificultades q… Read More
Historia do fútbol feminino en Galicia, Héctor J. PenaA publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era cousa de homes. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, res… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario