Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelo con vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribirá esas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza.
4.12.24
Entradas relacionadas:
Memorias dunha vaca marela, Afonso EiréAfonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai des… Read More
Derradeiro bis en catro-corenta, Tomás González AholaCincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán nos se poderían contar no limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros … Read More
A maxia da auga, Afonso EiréEste é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Unhas narracións convertidas en contos de lareira, que os traen á actualidade, con humor e sen chalecos mentais, para retrata… Read More
Non fales o que non debes, Luís Manuel García MañáEn Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa. O vehículo de eme… Read More
De como o Santo dos Croques se fai peregrino, Pepe CarballudeImaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario