Nunha sucesión de escenas tranquilamente horribles, O gran caderno preséntanos sen enfeites, sen un chisco de sensiblería, unha fábula incisiva sobre as desgracias da guerra e do totalitarismo, máis tamén é unha auténtica novela de aprendizaxe dominada polo humor negro. Na gran vila que ocupan os exércitos estranxeiros, a vida tornou imposible. A seca ameaza. Así pois, unha nai conduce aos seus fillos ao campo, á casa da súa avoa. Terrible avoa: analfabeta, porca, avara, mala e mesmo asasina, dálles unha vida ben dura aos xemelgos. Lonxe de se deixar abater, estes aprenden sós as leis da vida, da escrita e da crueldade. Abandonados a si mesmos nun país preso pola guerra, privados do máis mínimo referente moral, dedícanse a anotar cada día, nun gran caderno, o balance dos seus progresos e a lista dos seus logros.
12.12.24
Entradas relacionadas:
A saga das curandeiras, Marisa Castro CercedaA través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu … Read More
Non é de Taramundi, Luís Manuel García MañáOs anos cincuenta representan para Galicia e comarcas limítrofes novos avances para a mellora da situación económica.España remata o “racionamento” e consegue entrar na ONU. A existencia do ferrocarril de vía estreita de Vila… Read More
Ubik, Philip K. DickJoe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a empresa do seu xefe, Glen Runciter, pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no fu… Read More
Anne, a de Tellas Verdes, Lucy Maud MontgomeryMatthew e Marilla Cuthbert son dous irmáns que viven en Avonlea na Illa do Príncipe Eduardo de Canadá. Ao necesitar axuda na súa granxa, Tellas Verdes, solicitan adoptar a un neno dun orfanato. Por erro, unha nena roiba e pen… Read More
As aventuras do Cabaleiro de Prata, Ana MariñoUn cativo descobre na biblioteca da súa defunta avoa un libro que narra as aventuras do Cabaleiro de Prata. Este intrépido loitador, na compaña do seu fiel escudeiro, debe percorrer as terras que fagan falta, axudando a quen … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario