Rosa Aneiros, Resistencia. Narrativa, Xerais. 2002.
Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais –Dinís e Filipa– artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís –un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen– e Filipa –filla dun rico comerciante de Coimbra–. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias.
O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.
16.3.12
Entradas relacionadas:
El club Dante El club Dante de Matthew Pearl.(2004) Seix Barral Boston, 1865. Importantes personalidades están siendo brutalmente asesinadas por un criminal inspirado en los tormentos del Infierno de Dante. Sólo los miembros del club D… Read More
El héroe discreto Ya disponemos de la novela de Mario Vargas Llosa El héroe indiscreto que será la lectura del tercer trimestre del club de lectura A Quenda do Libro en la sección de profesorado y personal no docente. El héroe discret… Read More
No sonrías que me enamoro No sonrías que me enamoro de Blue Jeans. (2013) Planeta. Hasta hace unos meses, Eli, Valeria, Bruno, Raúl, María y Ester formaban El Club de los Incomprendidos. Cada uno con su personalidad y su carácter, eran los … Read More
Los últimos días de nuestros padres Los últimos días de nuestros padres de Joël Dicker. Alfaguara (2014) En 1940 Winston Churchill tiene una idea que cambiará el curso de la guerra: crear una nueva sección de los servicios secretos, el Special Operations Ex… Read More
La gente de Smiley Hoxe comezamos cunha serie de libros de novela negra que nos chegou grazas á doazón dun viciño de Chantada. Dende a Biblioteca queremos agradecer esta achega desinteresada aos noso fondos bibliográficos. Moitas g… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario