
14.3.12
Anxo Fariña, Os megatoxos e a cara oculta da lúa.Sopa de libros, Xerais 2011.
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos

Entradas relacionadas:
Flash-Black 13, Ramón CarideRamón Caride leva desde 1991, data na que publicou o seu segundo libro de relatos, a insistir nos seus relatos en dúas teimas: o fantástico e mais a serie negra. Nestes máis de vinte anos o percorrido dos relatos fantásticos … Read More
O que Darwin non previu, Alba Payo FroizUnha pequena vila vive rodeada polo exército, que ten como misión impedir por todos os medios que os poboadores saian dos límites do cerco imposto. O motivo? Os habitantes sofren unha enfermidade que mata a case a totalidade … Read More
Crónicas do mañá: 50 anos de contos cubanos de ciencia ficciónEsta escolma, realizada por José Miguel Sánchez «Yoss», un dos principais representantes da literatura de Ciencia Ficción na Cuba contemporánea, pretende achegar ao lector medio século de literatura cubana do xénero a través … Read More
A xanela insólita, Jorge Emilio BóvedaVelaquí a segunda xanela, a insólita, que se abre ante nós para podermos albiscar os piares da ficción científica; o xénero das preguntas sen resposta, o xénero activador do mecanismo do pensamento, o xénero dos xéneros… Acom… Read More
Aletheia Moritat, Santiago BergantinhosApós a Caída, o que ficaba do mundo rexurdiu baixo o despotismo ilustrado e tecnolóxico da Homologación, gobernada por seres humanos co asesoramento de poderosas IAs e que encarna os ideais do Estado convertido nun Leviatán d… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario