Antonio García Teijeiro, Na fogueira dos versos. Xerais. Máis de 11 anos.
Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe. García Teijeiro establece un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Lorenzo Varela, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza...), do que nace unha voz propia, distinta. Estes poemas son pequenas xoias literarias, onde se imbrican a espontaneidade e a reflexión, a cultura e a sensibilidade.
26.3.12
Entradas relacionadas:
A fala Na véspera do Día das Letras Galegas que mellor poema ca este que nos recita Diego. … Read More
Poema á patria Jesús lenos este poema que Manuel María adicou á patria. … Read More
Invocación a Castelao Manuel María, no seu libro Cantos rodados para alleados e colonizados, escribiu este poema que hoxe nos presenta Alex. … Read More
Mapa de Galiza Manuel María, neste poema que nos recita Candy, fálanos do mapa da nosa terra. … Read More
Castelo de Maside Os alumnos/as de Pantón cántanlle ao Castelo de Maside neste poema de Manuel María. Que perdoe Rubén por cambiarlle o nome. … Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario