Iniciamos unha sección de bibliotecas e librerías que visitamos polo mundo adiante. Algunhas persoas, amantes das bibliotecas, cando viaxamos tamén as incluímos nas nosas visitas para coñecelas, admiralas, comparalas...
Hainas ben curiosas, e famosas; pequeniñas e con encanto; modernas ou antigas; públicas ou privadas... en fin, que hai para todos os gustos e , daquelas que temos visto, queremos amosarvos as máis curiosas.
Esperamos que vos gusten e convidámosvos a que nos fagades chegar, a través dunha mensaxe, outras que vós coñezades e así todos poderemos disfrutar das imaxes e, quen sabe se faremos por visitalas calquera día!

A primeira que vos imos amosar é a última que pisamos, unha biblioteca situada a 350 Km. ao norte do círculo Polar Ártico, a situada máis ao norte no mundo, a Biblioteca Pública de Tromso (Noruega). Pódese atopar no centro da cidade ártica.

(disfrazado de noite) e pola noite do seu inverno polar.
0 comentarios:
Publicar un comentario