Na vindeira semana conmemórase, como podedes ver no cartel da esquerda, o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
Como cada ano en tales datas, dende hai tempo, un autor, neste caso, Fran Alonso cedeu un texto para o festexo. Podédelo ler na fotografía do díptico que vos amosamos debaixo, e por favor lembrade que nos gustan as persoas rebeldes.
No I.E.S. Lama das Quendas tamén celebraremos o Día do Libro con actividades lúdicas na biblioteca durante o recreo da xornada do luns. Xogaremos cuns libros e agasallaremos con outros aos mellores participantes.
Non faltes. Contamos con cada un de vós!!
0 comentarios:
Publicar un comentario