O luns 23 o Día Mundial do Libro na Biblioteca Lama das Quendas co xogo do rosco. 40 participantes en parellas ou individualmente debían completar o rosco que lles proporcionamos xunto con 27 preguntas cuxas respostas comezaban por cada unha das letras do abecedario e correspondían a títulos de libros, autores, personaxes, relatos... dos diferentes libros cos que contamos na biblioteca. Podían consultar nos ordenadores pero moitas respostas obrigaban a manexar os nosos fondos bibliográficos.
Prestaba ver as diferentes técnicas utilizadas e os pasos que daba a rapazada, á procura do maior número de respostas correctas. Moit@s desenvolvíanse na biblioteca coma peixe na auga.
Precisabamos máis tempo, ninguén completou o rosco, por iso quedaron citados para hoxe, martes, para facer a entrega de premios. Tod@s levaron un agasallo só por participar pero os clasificados como primeiro e segundo polo número de respostas correctas levaron un maior.Os gañadores foron Xabier Novoa Bermúdez e Beatriz Rodríguez Carnero.O segundo posto estivo moi reñido, houbo un empate entre 8 equipos.
Deixámosvos imaxes da actividade do Día do libro e da entrega de premios do día seguinte.
Deixámosvos imaxes da actividade do Día do libro e da entrega de premios do día seguinte.
0 comentarios:
Publicar un comentario