Se hai uns días falabamos da biblioteca pública máis ao norte do mundo, hoxe traémosvos a que está máis ao sur. Na capital da Terra de Fogo arxentina, en Ushuaia , atópase a Biblioteca Popular Sarmiento fundada por un grupo de veciños en 1926 coa pretensión de ser un centro cultural rexional destinado a unir ao vecindario para reclamar máis dignidade para este territorio e os seus habitantes.
O edificio é o típico da cidade de Ushuaia, non ten características destacables pero traemos aquí esta biblioteca pola súa ubicación na cidade máis austral do mundo.

Non temos fotos do interior porque cando fomos estaba pechada e só puidemos ver o edificio polo seu exterior, sen poder entrar e consultar os fondos que posuía. Pasaran case 90 anos dende que abrira nesta cidade que é a porta de entrada á Antártida.Tivera que pechar por
falta de persoal para atendela.
Afortunadamente temos noticias de que hoxe en día está de novo operativa e traballan nela para achegarse á comunidade e xerar un espazo de portas abertas programando diversas actividades nas que implican aos veciños e visitantes. Se tedes previsto viaxar ao sur da Arxentina non dubidedes en ir á Biblioteca Popular Sarmiento e participar na lectura ou nas actividades que se realizan nela.

0 comentarios:
Publicar un comentario