Rematou hoxe a XIII da Semana da Poesía que comezara o pasado luns coa colocación dos 10 recunchos que amosan outros tantos traballos de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato coordinados por Paz Fernández Vázquez.Traballaron con distintos autores: María Reimóndez, Lois Pereiro, Carlos
Negro, O Leo, Ana Silva, Rodríguez Fer, Lupe Gómez e Nuria Vil. Grande tarefa a que fixeron estes alumnos coas suxestións inestimables da súa profesora de Lingua Galega e Literatura que sacou deles toda a creatividade e ilusión para programar unhas actividades nas que ao longo do martes e xoves participaron , por quendas, todos os alumnos de E.S.O. do noso instituto.
O día grande da semana foi o mércores cando recibimos a visita de Leo Arremecághona e Nuria Vil , dous poetas novos que recitaron algúns dos seus poemas, amosaron vídeos que ilustraban algunha das súas composicións e , no caso do Leo, uniron música e letras para facer as delicias dos asistentes que, de novo, foron todos os da ESO en dúas sesións ao longo da mañá. Momento interesante foi o final do encontro cando moitas persoas fixeron interesantes preguntas aos poetas e estes responderon con honestidade, claridade e dun xeito moi próximo.
O xoves, ademais da participación nos obradoiros que había no Salón de Actos, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu ao recital de poesía programado en colaboración coa Biblioteca do centro durante o recreo. A idea era que leran composicións que calquera compañeiro creara mais non tendo poemas propios púxoselle voz aos de moitos poetas galegos de diferentes épocas. Foi coma un enfrontamento poético no que cada quen quería recitar un poema que fose mellor ca o anterior.( Claro que hai opinións...).
As actividades destes alumnos remataron esta mañá co "botellón poético" do tempo de lecer. Non hai que preocuparse, non houbo alcohol, ninguén acabou bébedo, pero si rematamos todos cunha "chea" de poemas na nosa cabeza nun ambiente distendido, lúdico e musical. Imaxinades a situación? Pois agora visualizádenos cun berro de loita: Con máis poesía , mellor sería a vida!!
A festa da poesía
Rematou hoxe a XIII da Semana da Poesía que comezara o pasado luns coa colocación dos 10 recunchos que amosan outros tantos traballos de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato coordinados por Paz Fernández Vázque…Read More
Semana da poesíaSeguimos a informarvos dos actos da semana da poesía con un vídeo de televinte no que se recolle un pequeno resumo do encontro cos poetas Verónica e Leonardo, así como unha entrevista con eles.
…Read More
Obradoiro de poesía
Este xoves na biblioteca tivemos un obradoiro de poesía. Esta actividade , enmarcada dentro da semana da poesía, estaba orientada a todo o alumnado que quixera participar nela.
…Read More
Semana da poesía
Hoxe pola mañá tivo lugar no salón de actos do instituto o encontro cos poetas Leonardo Fernández Campo e Verónica Martínez Delgado, aquí vos mostramos unhas imaxes deste encontro e animámosvos a que participedes en todas as…Read More
Semana da poesía
A semana pasada no IES Lama das Quendas, organizado polo departamento de Lingua Galega, celebrouse a semana da poesía. Unha das actividades que se fixeron foi un obradoiro de poesía que tivo lugar na biblioteca do centro.
A…Read More
0 comentarios:
Publicar un comentario