Ledicia Costas, prolífica escritora viguesa, transpórtanos ao Londres victoriano nunha novela de ciencia
e fantasía na que coñeceremos a Ágata McLeod, unha das mellores alumnas
da Escola de Artefactos e Oficios. Fantasía e ciencia mestúranse nunha
loita sen cuartel que enfronta a corvos e unicornios.
Editorial Xerais, 2018
Premio Lazarillo 2017
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.
0 comentarios:
Publicar un comentario