Onte o Ministerio de Cultura e Deportes propuxo a Almudena Grandes para ser galadoada co Premio Nacional de Narrativa pola cuarta entrega de «Episodios de una Guerra Interminable» que ten por título Los pacientes del doctor García .
A historiadora madrileña sempre amosou un grande compromiso coa recuperación da memoria histórica e é unha recoñecida loitadora contra o olvido dos que sufriron a represión franquista.
Das 75 persoas premiadas dende 1924 , só seis mulleres foran escollidas antes de Almudena Grandes. Nós, dende a biblioteca deste centro, queremos render unha pequena homenaxe a todas elas nomeándoas nesta entrada: Concha Espina (en dúas ocasións), Carmen Laforet, Ana Mª Matute, Carmen Martín Gaite, Carmen Riera e Cristina Fernández Cubas
Na nosa biblioteca adicámoslle o recuncho de conmemoracións facendo visibles os títulos que dela temos e que podedes ter entre as túas manas e , se queredes, levar prestados para a casa.
0 comentarios:
Publicar un comentario