Unha novela de misterio que quere profundar no comportamento humano.
As lembranzas perdidas no lago Äntelvari de Xosé DuncanEditorial Galaxia,2018
As lembranzas son a equipaxe que imos reunindo ao
longo das nosas vidas e a peaxe que
entregamos cando cruzamos a derradeira porta. Nas beiras do lago
Antelväri vive un vello que non quere lembrar, que desexa borrar as
feridas infrinxidas polo percorrer dos anos. Porén, a vida é un río de
augas revoltas, que nos empurra até a desembocadura da Morte. Ás veces,
canto máis queremos fuxir, maís caemos no pozo dos nosos medos. Para o
vello Olavi o final está marcado nas profundidades do lago, alí onde
moran os seres de luz, onde a aurora boreal mergulla as súas brillantes
cores até fundilas coa escuridade que vén de alén das estrelas.
0 comentarios:
Publicar un comentario