Unha exquisita fábula sobre o exilio e a soidade
A neta do señor Linh de Philippe ClaudelRinoceronte Editora(2010)
Unha fría mañá de novembro,tras unha penosa viaxe en barco, o señor Linh chega a un país que podería ser Francia, onde non coñece a ninguén e non entende a ninguén porque non fala o seu idioma.O señor Linh fuxe dunha guerra que lle arrebatou todo menos á súa neta, un bebé chamado Sang Diu. Instalado nu piso de acollida o señor Linh só se preocupa por ela, a súa única razón de existir ata que coñece ao señor Bark, un home forte e afable. Un afecto espontáneo medra entre estes dous solitarios que , capaces de entenderse en silencio, atópanse regularmente nun banco do parque. Pero, unha mañá, os servizos sociais levan ao señor Linh a outra casa que non está autorizado a abandonar. A coraxe e a determinación do ancián conducirán a un inesperado desenlace.
0 comentarios:
Publicar un comentario