Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de
extinción masiva provocada polo ser humano, a sexta desde que a vida se
diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. Cales son os mecanismos e
as causas principais e como evitar ou limitar esta sexta extinción?
Catro Ventos Editora 2017
O coordinador da obra reúne a catro científicos de distintas
especialidades. Todos eles ofrecen e contrastan as súas distintas
perspectivas dun mesmo tema: a biodiversidade e a deriva cara a unha
sexta extinción en masa. Un ecólogo, un biólogo mariño, un especialista
en xestión e economía do medio e unha filósofa do medio convídannos á
súa mesa. A partir dos seus coñecementos, dos seus temores mais tamén
das súas esperanzas, achégannos unha visión científica e cidadá sobre a
sexta extinción masiva, a primeira do Antropoceno.
O libro divídese claramente en dúas partes: o debate científico e o
debate social. Isto fai que resulte máis interesante e que precisamente
vaia máis aló da ecoloxía puramente. Tamén reflexiona sobre as
consecuencias económicas e sociais.
Nunha indiferenza case xeral, o noso planeta entra nunha fase de
extinción masiva provocada polo ser humano. A sexta desde que a vida se
diversificou na Terra hai 500 millóns de anos. A sobreexplotación dos
recursos, o consumo excesivo, a oferta excesiva, as sobrecapacidades
tecnolóxicas, o cambio climático, a deforestación, etc., os seres
humanos entréganse a unha destrución masiva dos ecosistemas a escala
planetaria. E o noso modo de desenvolvemento condena probablemente unha
especie cada vinte minutos.
Cales son os mecanismos e as causas principais da extinción das
especies? Que podemos esperar das axendas políticas? Cómpre promover
unha ecoloxía de combate ou unha ecoloxía da reconciliación que volva
colocar o ser humano na natureza? Como evitar ou limitar esta sexta
extinción?
0 comentarios:
Publicar un comentario