Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co
apoio científico da German Ocean Foundation, Esther Gonstalla crea neste
libro un retrato detallado que nos permite comprender mellor as
relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o
mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun
recurso para a acción.
Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos…
Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e
benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos
aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande
ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co
mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do
planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do
océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano.
0 comentarios:
Publicar un comentario