O Salón de Actos do IES Lama das Quendas énchese de rapazada, de poesía, de actividades durante toda esta XIV Semana da Poesía!
O alumnado de 1º de Bacharelato le, escolle determinado poemario e desenvolve unha actividade que se preste á participación dos seus compañeiros da ESO. É unha maneira moi creativa de ler, interpretar e achegar a poesía aos demais para que lle perdan o medo desfrutando coas creacións de diferentes autores.
Neste curso, usaron os versos de Antonio
García Teijeiro, Juan Manuel Vázquez, Berta Davila, Amauta
Castro, Carlos Negro, Carmen Blanco, María Reimondez e Uxía Aldao.
Despois, os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO baixan por quendas para achegarse a todos os recunchos e participar nos xogos que lles ofrecen.
Presta velos saír con cara de felicidade, co sorriso de orella a orella e manifestando querer medrar rapidamente ...para cursar bacharelato e facerlle as súas propostas a outros compañeiros. Pero, se o profesorado participante o pasa tan ben coma eles!!
Son versos que nos dan soños!!
Deixamos fotos dos distintos recunchos desta "feira" das letras no momento no que participaban os de 1º A de ESO.
0 comentarios:
Publicar un comentario