Dentro das actividades programadas na XIV Semana da Poesía no IES Lama das Quendas, hoxe gozamos co recitado de poemas por parte do alumnado e profesorado que estabamos na biblioteca na hora de lecer.
Lemos ,para sentir, distintos poemas de Carlos Negro, Amauta Castro, García Teijeiro, Álvarez Blázquez, Berta Dávila, Uxía Aldao, Juan Manuel Vázquez...
Unha actividade de achegamento á poesía que , con toda probabilidade, prenderá en nós non só como lectores senón tamén - quen sabe!- como escritores.
Quedade coas imaxes do acto.
0 comentarios:
Publicar un comentario