Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.
10.12.19
Entradas relacionadas:
De como o Santo dos Croques se fai peregrino, Pepe CarballudeImaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de… Read More
A maxia da auga, Afonso EiréEste é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Unhas narracións convertidas en contos de lareira, que os traen á actualidade, con humor e sen chalecos mentais, para retrata… Read More
Derradeiro bis en catro-corenta, Tomás González AholaCincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán nos se poderían contar no limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros … Read More
Memorias dunha vaca marela, Afonso EiréAfonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai des… Read More
Illa Decepción, Berta DávilaQue queda de nós nas casas onde vivimos noutro tempo? Se algo permanece nelas, pódese acceder a aqueles momentos, ás sensacións idas? A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencel… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario