Onte contamos coa visita no centro do carballiñés Gabriel Álvarez Martínez, tradutor ao galego e ao castelán de obras xaponesas, tanto de manga (banda deseñada) como de literatura (Haruki Murakami entre as máis coñecidas).
Pola mañá estivo co alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, e pola tarde cos clubs de lectura de adultos (nais, pais, amigas, profesorado e persoal non docente). En ambas falou da súa época de estudante no Xapón, así como de diversos aspectos do seu traballo profesional na actualidade, sen faltar, por suposto, referencias á escrita (silabarios, kanjis...) e á cultura do país do Sol nacente.
Un auténtico luxo!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario