Tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista, publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e 2014, de autoría do gran astrónomo e matemático, catedrático que foi da USC e fundador do seu Observatorio Astronómico, Ramón María Aller Ulloa (1878-1966).
Nesta obra, Ramón M. Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica. Tal como non é afeccionado a pescar quen se limita a ver gravados ou a ler descricións sobre o mar ou os ríos, e supérao en afección quen pola súa propia man pesca un peixiño por ben pequeno que sexa, así neste libro non se atoparán fermosos discursos sobre o Sol, a Lúa ou as estrelas, senón que pon nas súas mans o entretemento que lle permitirá, xogando, sen esforzo, facer observacións; nunha palabra, como di o seu autor, aprenderalle a ler no libro marabilloso que todas as noites se abre sobre o azul do ceo.
10.12.19
Entradas relacionadas:
Proxecto Ceos Galegos … Read More
Encontro con Martin Pawley...O pasado xoves 30 de marzo tivemos unha fantástica charla de Martin Pawley en colaboración con Os Casares sobre a contaminación lumínica e como afecta ao entorno no que vivimos dun xeito máis profundo do que nun principio pod… Read More
Ceos galegos...Dosi Veiga de Ceos Galegos nunha das charlas de hoxe pola mañá no Espazo Xove de Chantada con alumnado de centro.Astronomía, mitoloxía, física, bioloxía... e moito máis!Organizado por Biblioquendas, A Quenda do Libro e o Espa… Read More
Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas: Ramón M. Aller"Quen non coñece o Luceiro, unhas veces matutino e outras vespertino? Ningún astro cambia coma el de brillo, nin chega a igualalo, agás o Sol e mais a Lúa. É Venus, que xoga un pouco aos acochos co primeiro, porque unhas vece… Read More
Ceos Galegos con Dosi Veiga...O pasado venres 26 tivemos unha vez máis a Dosi Veiga de Ceos Galegos ofrecendo unha charla a alumnado de 1º de Bacharelato sobre 'algo máis que astronomía' no Espazo Xove de Chantada. Un luxo!… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario