Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.
10.12.19
Entradas relacionadas:
A vida secreta de Úrsula Bas, Arantza PortabalesDun día para outro, e sem que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resol… Read More
Coa man esquerda, Xabier QuirogaEn Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pol… Read More
Os outros feirantes, Álvaro CunqueiroSemblanzas de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con au… Read More
Xerusalén, Xerusalén!..., Xoán Bernárdez VilarAo descer do vehículo deime de fuciños con algo absolutamente inesperado. Un rótulo comercial en hebreo, en árabe e en inglés anunciaba: «Vigo Fashions». Había moitos Vigos no mundo. Máis de que se podería tratar? Achegueime.… Read More
Os seres queridos, Berta DávilaCinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da expe… Read More
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario